Venda de entradas

Preguntas frecuentes
Que inclúe a miña entrada?

Coa compra de calquera modalidade de visita, inclúese sempre o acceso á Colección Permanente do Museo Catedral e o Pazo de Xelmírez, así como a visita ó MuSar. As entradas teñen unha duración de sete días posteriores á data de marcada no billete. Con cada entrada poderá realizarse un único acceso, é dicir, un só uso por cada espazo visitable.

Como podo mercar as miñas entradas?

A compra das entradas para visitar o Museo Catedral de Santiago e os seus distintos percorridos pode realizarse tanto desde un dos tres puntos de venda físicos do Museo como desde a propia web. A única forma de pago na web é mediante tarxeta VISA ou MASTERCARD, sendo estes os únicos medios oficiais para a compra anticipada de entradas. Non se permite a realización de compras ou reservas a través de correo electrónico, vostede mesmo pode realizar o proceso de forma sinxela desde a web. As entradas poden ser adquiridas cun máximo de 60 días de antelación.

O Museo Catedral de Santiago ten servizo de guías ou audioguías?

O Museo Catedral ofrece distintas modalidades de visita, algunhas delas guiadas por persoal especializado e outras de libre percorrido. Desde a web de venta de entradas pode seleccionar o tipo de visita que desexa (https://visitas.catedraldesantiago.es/).
Ademáis, existen aplicacións e servizos web que ofrecen información para completar a visita, todas elas recollidas na seguinte ligazón: https://www.museocatedraldesantiago.gal/es/apps-y-audioguias/.

É posible solicitar a devolución dunha entrada?

O Museo Catedral de Santiago non admite cambios nin devolucións de entradas unha vez estas foron adquiridas, tal e como recolle a súa Política de Compra (https://visitas.catedraldesantiago.es/politica-de-compra/).

Está adaptado o Museo Catedral de Santiago a todo tipo de accesibilidade?

Só parcialmente, pois os espazos do Museo Catedral encóntranse repartidos por diversas estancias do complexo catedralicio (pazo arcebispal, edificio claustral, etc.) que, pola súa tipoloxía, imposibilitan a completa adaptación dos mesmos.
O Museo dispón dun único ascensor no Pazo de Xelmírez, onde se atopa o Espazo Mestre Mateo e as salas de exposicións temporais.
Tamén é posible, en ocasións, adaptar percorridos para facilitar a accesibilidade. Para consultas ó respecto, diríxase ó Centro de Atención ao Visitante mediante o correo electrónico atencionvisitante@catedraldesantiago.es ou o teléfono 981 55 29 85.

Existen visitas guiadas en inglés ou outros idiomas?

Si, aínda que polo xeral as visitas guiadas que organiza o Museo Catedral son en castelán, hai opcións de visita noutros idiomas que se identifican oportunamente na web de reserva de entradas ou nos propios despachos de billetes do Museo. Para máis información sobre visitas noutros idiomas, consultar co Centro de Atención ao Visitante mediante o correo electrónico atencionvisitante@catedraldesantiago.es ou o teléfono 981 55 29 85.

É posible subir individualmente á zona de Cubertas e Torre da Carraca?

Polas especiais características destes espazos e os seus accesos, a través de zonas reservadas da catedral, as visitas ás Cubertas e Torre da Carraca realízanse sempre en grupo e guiado por persoal especializado. É obrigatorio permanecer co grupo e seguir as indicacións que se dan en todo momento.

A miña entrada inclúe o acceso á Catedral de Santiago?

A visita individual ó interior da basílica é libre e de balde, polo tanto, non precisa de billete de acceso. A porta principal para entrar á Catedral sitúase na Praza de Praterías. Para coñecer os horarios da Catedral, consultar: https://catedraldesantiago.es/gl/liturxia/.  No caso dos grupos particulares acompañados dun guía, si é necesario dispoñer da entrada do Museo para acceder, na hora marcada, desde o Museo, ao interior de Catedral. Os grupos deben ser guiados sempre por guías oficiais acreditados previamente pola Catedral.

Non me chegaron as entradas por email, que fago?

Se tras a compra das entradas non recibiu o email coa confirmación e o documento das entradas, recomendámoslle trasladar a incidencia ó noso Centro de Atención ao Visitante mediante o correo electrónico atencionvisitante@catedraldesantiago.es ou no teléfono 981 55 29 85.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.